domingo, 24 de agosto de 2014

Cañas de crema



Xa vai quedando menos para a volta o cole, e como xa adiantamos o curso pasado, viremos con mais forza e mais cociña.



Ahí deixamos un dos nosos desafios.



CARBALLIÑO vs SOUTELO



Conseguiremos mellorar as suas mundialmente coñecidas “cañas” ????



Para as cañas

300 gr de fariña de trigo
80 gr de aceite de oliva
150 gr de auga
Tona dun limón e unha laranxa
 100 gr de azucre
5 gr de canela en pó
Aceite de oliva para fritir as cañas


Confitar a tona das froitas no aceite a lume suave durante 30 minutos.



 Retirar as tonas e deixar refriar o aceite.


Mesturar todos os ingredientes e repousar 30 minutos.

Forrar os moldes das cañas e fritir en abundante aceite quente.

Pasar por unha mestura do azucre e canela.

Para a crema

1/2 litro de leite
1/2 litro de tona fresca
6 xemas de ovo
2 ovos enteiros
60 gr de maizena
150 gr de azucre

Ferver o leite.

Mesturar o resto dos ingredientes e engardir ó leite fervendo.

Mesturar ben e deixar refriar.

Montaxe

Encher as cañas coa axuda dunha manga pasteleira.




De interese... e moi importante que a caña este cruxinte no momento de degustalas, para iso esperaremos ata o ultimo instante para enchelas coa crema.

martes, 10 de xuño de 2014

Apple pie



APPLE PIE

Pasta quebrada:

500 gr de fariña triga
250 gr de mantenga
125 gr de azucre
2 ovos
1 culler de canela en pó
Tona de un limón relada

  • Colocar a fariña en forma de volcán e o resto dos ingredientes no medio, mesturar e gardar no frío.



Ademais:

1 kg de mazás
70 gr de azucre
3 xemas de ovo
200 gr de leite
100 gr de tona liquida
25 gr de maizena
1 ovo batido

  • Pelar as mazás e picar, engadir a metade do azucre e refogar nunha sartén. Reservar.
  • Ferver o leite e a tona, mesturar as xemas, maizena e resto de azucre, engadir o leite e deixar espesar. Deixar refriar.
  • Estirar masa quebrada en duas laminas
  • Dispor sobre unha a crema pastelera e sobre esta a mazá caramelizada. Tapar coa outra capa de masa quebrada e facer uns cortes retirando parte da masa para decorar.
  • Pintar co ovo batido.
  • Fornear a 180º durante 40 minutos.




De interese…Orixinalmente esta torta non leva a crema pastelera, pero eu penso que lle aporta un toque moi interesante.

Raxo Wellington



RAXO WELLINGTON

1 kg de raxo de porco
300 gr de hojaldre
150 gr de champiñons
100 gr de chalotas
50 gr de manteiga
Sal e pementa
1 ovo
Aceite de oliva

·        Cortar o raxo en dous trozos de ½ kg, salpimentar e untar co aceite. Dourar a lume forte.
·        Picar a chalota e refogar na manteiga, engadir o champiñon picado e saltear co lume ben forte para que non solte o auga. Salpimentar e reservar.
·        Estirar o hojaldre e cortar en dous trozos.
·        Colocar sobre cada lamina unha cama de pasta de champiñons e sobre esta o raxo, enrolar e pechar polos bordes.
·        Pintar con ovo batido e fornear a 170º durante 35 minutos aprox.
·        Deixar repousar outros 10 minutos e trinchar en rebandas de uns 2 centimetros.









DUXELLES :

  • Este e o termino culinario que se lle da á mestura resultante do salteado de chalotas e champiñons ben picados en mantequilla e salpimentados.

  • As chalotas son unha clase de ceboliñas cunha lixeira forma de dentes de allo. Se non as atopamos podemos empregar cebola.

Xoubiñas&chips




XOUBIÑAS & CHIPS


1 kg de xoubiñas

1 kg de patacas

Sal

1 culler de pemento doce

1 culler de tomillo

Vinagre de viño



Ademais: Ovo, pan relado e fariña de centeo para rebozar o peixe.



·        Limpar as xoubas e retirar a cabeza, espiña e separar os dous lombos.

·        Pelar as patacas e cortar en gajos.

·        Refogar en aceite de oliva ata que estén brandas, escurrir.

·        Sazoar as xoubiñas e pasar por fariña de centeo, ovo batido e pan relado.

·        Fritir as xoubas e dorar as patacas en aceite ben quente.

·        Sazoar as patacas e engadir unhas pingas de vinagre, tomillo e pemento doce, mesturar e servir coas xoubas.







De interese...
·        A fariña de centeo aportalle un maior cruxinte o peixe, podese sustituir por fariña de trigo.

·        A temperatura idonea para dorar as patacas e o peixe son uns 180ª. Sempre de oliva.


domingo, 11 de maio de 2014

Torta de queixo

TORTA DE QUEIXO

200 Ggr de pasta quebrada
200 gr de queixo cremoso
300 gr de tona liquida
100 gr de azucre
3 follas de xelatina
Marmelada de froitas

  • Estirar a masa quebradae forrar un molde, cubrir con papel sulfurizado e poñer uns garavanzos, cocer a 180º durante 8 minutos, retirar os garavanzos e o papel e cocer 4 minutos mais.
  • Remollar a xelatina e fundir en 50 gr de tona.
  • Montar o resto da tona co azucre, engadir o queixo e a xelatina fundida, mesturar e poner sobre a masa forneada.
  • Meter no frío 4 horas e cubrir coa marmelada.




Neste caso empregamos unha marmelada de ciruelas , pero queda perfeta de mazá, pera, pesego...

sábado, 10 de maio de 2014

Torta de piña



TORTA DE PIÑA

200 gr de pasta quebrada
300 gr de tona liquida
400 gr de piña natural
200 gr de azucre
6 follas de gelatina
2 claras de ovo
                              
  • Estirar a masa quebrada e forrar un molde. Colocar un papel sulfurizado e Escher cuns garavanzos. Fornear a 180º durante 8 minutos, retirar os garavanzos e o papel e meter no forno 4 minutos mais.
  • Montar as claras a punto de neve coa metade do azucre.
  • Montar a tona.
  • Triturar a metade da piña e poñer o lume, engadir 45 follas de xelatina remollada en auga fría e fundir. Mesturar coa tona e as claras  encher os moldes e meter o frío 4 horas.
  • Picar o resto de piña, engadir a100 gr de azucre e cociñar 20 minutos, engadir 1 folla de xelatina remollada e fundir, deixar enfriar un pouco e cubrir a torta.

Torta de mazá



TORTA DE MAZÁ


200 gr de masa quebrada
300 gr de mazás
½ litro de leite
4 xemas de ovo
150gr de azucre
Un anaco de canela
30 gr de maizena
1 folla de gelatina

  • Estirar a masa e forrar os moldes con ela, non e preciso engrasar. Colocar enriba un anaco de papel sulfurizado e uns garavanzos para evitar de que ó cocer se nos baixe a masa.
  • Cocer a 180º durante 6 minutos. Retitar de forno e retirar os garavanzos Gardalos para outras veces, non  valerian para comer.
  • Ferver o leite e a canela, mesturar as xemas, maizena e 100 gr de azucre, engadir ó leite e mesturar. Retirar do lume.
  • Pelar as mazás e ferver as tonas nun vaso de auga con 50 gr de azucre. Coar.
  • Cortar en medias luas as mazás .
  • Encher coa crema pastelera as tartaletas e poñer por enriba a mazá. Cocer a 170º durante 25 minutos.
  • Engadir a xelatina remollada no almibar de mazá e fundir ó lume.

  • Cando a torta este fría, pintala có almibar

Pasta quebrada doce



UNHA BASE…TRES TORTAS



Para a elaboración de estas tortas empregamos unha mesma base de “pasta quebrada” ou “pasta brisa”.

Esta masa e moi sinxela de traballar e recibe o nome de “quebrada”, porque ó estar forneada quebra con facilidade.

Podese empregar en salgados, quiches, tartaletas de aperitivo... ou en doce para pastas de té, tartaletas doces ou coma nesta caso de base de tortas.


PASTA QUEBRADA DOCE


500 gr de fariña de trigo

250 gr de manteiga

125 gr de azucre

2 ovos

Unha pizca de sal



  • Atemperar a manteiga e mesturar co resto dos ingredientes.
  • A diferencia de outras masas, esta non se debe traballar moito, xa que a manteiga ablandaria moito e se nos pegaria nas mans.
  • Deixar repousar 30 minutos no frío antes de usar.

domingo, 6 de abril de 2014

Croquetiñas de xamón



CROQUETIÑAS DE XAMÓN

Para a bechamel:

150 gr de xamón curado
½ cebola
1 litro de leite
110 gr de fariña de trigo
50 gr de manteiga
60 gr de aceite de oliva
Sal
Pementa negra
Noz moscada

  1. Picar en paisana ( moi fino ) a cebola e o xamón.
  2. Refogar a cebola no aceite e engadir a manteiga.
  3. Engadir a fariña, refogar a lume suave durante un minuto e engadir de golpe o leite ferverdo.
  4. Engadir o xamón e cocer a lume moi suave durante 5 minutos sen parar de mesturar.
  5. Retirar do lume, sazoar e condimentar coa pementa e a noz moscada.
  6. Volcala mestura nunha bandexa ampla e tapar cun papel film para evitar que faga costra.
  7. Refriar durante un día.

Para o rebozado:

Ovo batido
Pan relado

  1. Facer pequenas boliñas e pasar por pan relado, ovo batido e pan relado de novo.
  2. Fritir en abundante aceite quente.
    Croquetiñas de xamón






DE INTERESE…

  • O aceite para fritir as croquetas debe de estar ben quente, pero que non afumege ( 180º c e a temperatura perfeta ).
  • Se facedes bastante cantidade podedelas conxear. Para facelas podense fritir directamente pero eu aconsello retiralas unha horiña antes do conxelador. Non teñades medo porque poidan romper. Se facedes ben a bechamel non hai problema, e vos asegurades de que non queden conxeladas polo medio.
  • Podedes usar calquer outro ingrediente, se usades un peixe ou calquer outro producto que conteña moita auga, aumentade 10 gr a cantidade de fariña a hora de facela bechamel.
  • Resultan moi ricas se as facedes cos restos dun cocido (grelos, lacón, chourizo, panceta…) e sustituides a metade da leite por caldo. ESPECTACULARES.
 




xoves, 27 de marzo de 2014

Natillas



Unha das receitas que poderedes atopar no libro que fixemos neste curso 2013-2014, e con motivo da celebración do Samain, foi un ovo de chocolate no que participaron diferentes cursos, e entre eles os mais cativos.
Os nenos de infantil foron os encargados de decorar o prato tecendo unha tea de araña sobre unhas natillas.



NATILLAS
Ingredientes

1 litro de leite
8 xemas de ovo
200 gr de azucre
20 gr de fariña de millo refinada (maizena)
Tona de un limón

  • Poñer a ferver o leite e a tona de limón
  • Mestutar as xemas, azucre e maizena
  • Cando ferva o leite, engadir a outra mezcla e mesturar
  • Retirar do lume e verter nun recipiente
  • Deixar refriar mesturando de vez en cando


Nos fixemolas natillas de chocolate, basta con suprimir 10 gr da fariña e engadir 150 gr de chocolate de cobertura cando as retiremos du lume e mesturar.
Tamen sustituimos o azucre por sacarosa.

Lembrade

100 gr azucre
50 gr fructosa
10 edulcorante en pó
8 gr edulcorante liquido

martes, 25 de marzo de 2014

ARRANCANDO CO BLOGUE

Bos días rapaces e rapazas...
Hoxe botamos a rodar esta nova e divertida iniciativa.
Con ela queremos axudar a que a cociña pase a ser unha actividade de interese para todos vós!
Pouco a pouco iredes atopando fotos, vídeos, receitas e moitas sorpresas...

Un abrazo e A COCIÑAR...