sábado, 10 de maio de 2014

Pasta quebrada doce



UNHA BASE…TRES TORTAS



Para a elaboración de estas tortas empregamos unha mesma base de “pasta quebrada” ou “pasta brisa”.

Esta masa e moi sinxela de traballar e recibe o nome de “quebrada”, porque ó estar forneada quebra con facilidade.

Podese empregar en salgados, quiches, tartaletas de aperitivo... ou en doce para pastas de té, tartaletas doces ou coma nesta caso de base de tortas.


PASTA QUEBRADA DOCE


500 gr de fariña de trigo

250 gr de manteiga

125 gr de azucre

2 ovos

Unha pizca de sal



  • Atemperar a manteiga e mesturar co resto dos ingredientes.
  • A diferencia de outras masas, esta non se debe traballar moito, xa que a manteiga ablandaria moito e se nos pegaria nas mans.
  • Deixar repousar 30 minutos no frío antes de usar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario