CROQUETIÑAS DE XAMÓN
Para a bechamel:
150
gr de xamón curado
½
cebola
1 litro de leite
110
gr de fariña de trigo
50
gr de manteiga
60
gr de aceite de oliva
Sal
Pementa
negra
Noz
moscada
- Picar en paisana ( moi fino ) a cebola e o xamón.
- Refogar a cebola no aceite e engadir a manteiga.
- Engadir a fariña, refogar a lume suave durante un minuto e engadir de golpe o leite ferverdo.
- Engadir o xamón e cocer a lume moi suave durante 5 minutos sen parar de mesturar.
- Retirar do lume, sazoar e condimentar coa pementa e a noz moscada.
- Volcala mestura nunha bandexa ampla e tapar cun papel film para evitar que faga costra.
- Refriar durante un día.
Para o rebozado:
Ovo
batido
Pan
relado
- Facer pequenas boliñas e pasar por pan relado, ovo batido e pan relado de novo.
- Fritir en abundante
aceite quente.
Croquetiñas de xamón
DE INTERESE…
- O aceite para fritir as croquetas debe de estar ben quente, pero que non afumege ( 180º c e a temperatura perfeta ).
- Se facedes bastante cantidade podedelas conxear. Para facelas podense fritir directamente pero eu aconsello retiralas unha horiña antes do conxelador. Non teñades medo porque poidan romper. Se facedes ben a bechamel non hai problema, e vos asegurades de que non queden conxeladas polo medio.
- Podedes usar calquer outro ingrediente, se usades un peixe ou calquer outro producto que conteña moita auga, aumentade 10 gr a cantidade de fariña a hora de facela bechamel.
- Resultan moi ricas se as facedes cos restos dun cocido (grelos, lacón, chourizo, panceta…) e sustituides a metade da leite por caldo. ESPECTACULARES.
Ñam... Ñam...
ResponderEliminarEstas croquetas están de muerte!!!
Tendré que hacer un esfuerzo para intentarlo aunque dudo que estén tan buenas como las que haces en el colegio!
Un abrazo.
Óscar.