xoves, 27 de marzo de 2014

Natillas



Unha das receitas que poderedes atopar no libro que fixemos neste curso 2013-2014, e con motivo da celebración do Samain, foi un ovo de chocolate no que participaron diferentes cursos, e entre eles os mais cativos.
Os nenos de infantil foron os encargados de decorar o prato tecendo unha tea de araña sobre unhas natillas.



NATILLAS
Ingredientes

1 litro de leite
8 xemas de ovo
200 gr de azucre
20 gr de fariña de millo refinada (maizena)
Tona de un limón

  • Poñer a ferver o leite e a tona de limón
  • Mestutar as xemas, azucre e maizena
  • Cando ferva o leite, engadir a outra mezcla e mesturar
  • Retirar do lume e verter nun recipiente
  • Deixar refriar mesturando de vez en cando


Nos fixemolas natillas de chocolate, basta con suprimir 10 gr da fariña e engadir 150 gr de chocolate de cobertura cando as retiremos du lume e mesturar.
Tamen sustituimos o azucre por sacarosa.

Lembrade

100 gr azucre
50 gr fructosa
10 edulcorante en pó
8 gr edulcorante liquido

martes, 25 de marzo de 2014

ARRANCANDO CO BLOGUE

Bos días rapaces e rapazas...
Hoxe botamos a rodar esta nova e divertida iniciativa.
Con ela queremos axudar a que a cociña pase a ser unha actividade de interese para todos vós!
Pouco a pouco iredes atopando fotos, vídeos, receitas e moitas sorpresas...

Un abrazo e A COCIÑAR...