domingo, 11 de maio de 2014

Torta de queixo

TORTA DE QUEIXO

200 Ggr de pasta quebrada
200 gr de queixo cremoso
300 gr de tona liquida
100 gr de azucre
3 follas de xelatina
Marmelada de froitas

  • Estirar a masa quebradae forrar un molde, cubrir con papel sulfurizado e poñer uns garavanzos, cocer a 180º durante 8 minutos, retirar os garavanzos e o papel e cocer 4 minutos mais.
  • Remollar a xelatina e fundir en 50 gr de tona.
  • Montar o resto da tona co azucre, engadir o queixo e a xelatina fundida, mesturar e poner sobre a masa forneada.
  • Meter no frío 4 horas e cubrir coa marmelada.




Neste caso empregamos unha marmelada de ciruelas , pero queda perfeta de mazá, pera, pesego...

sábado, 10 de maio de 2014

Torta de piña



TORTA DE PIÑA

200 gr de pasta quebrada
300 gr de tona liquida
400 gr de piña natural
200 gr de azucre
6 follas de gelatina
2 claras de ovo
                              
  • Estirar a masa quebrada e forrar un molde. Colocar un papel sulfurizado e Escher cuns garavanzos. Fornear a 180º durante 8 minutos, retirar os garavanzos e o papel e meter no forno 4 minutos mais.
  • Montar as claras a punto de neve coa metade do azucre.
  • Montar a tona.
  • Triturar a metade da piña e poñer o lume, engadir 45 follas de xelatina remollada en auga fría e fundir. Mesturar coa tona e as claras  encher os moldes e meter o frío 4 horas.
  • Picar o resto de piña, engadir a100 gr de azucre e cociñar 20 minutos, engadir 1 folla de xelatina remollada e fundir, deixar enfriar un pouco e cubrir a torta.

Torta de mazá



TORTA DE MAZÁ


200 gr de masa quebrada
300 gr de mazás
½ litro de leite
4 xemas de ovo
150gr de azucre
Un anaco de canela
30 gr de maizena
1 folla de gelatina

  • Estirar a masa e forrar os moldes con ela, non e preciso engrasar. Colocar enriba un anaco de papel sulfurizado e uns garavanzos para evitar de que ó cocer se nos baixe a masa.
  • Cocer a 180º durante 6 minutos. Retitar de forno e retirar os garavanzos Gardalos para outras veces, non  valerian para comer.
  • Ferver o leite e a canela, mesturar as xemas, maizena e 100 gr de azucre, engadir ó leite e mesturar. Retirar do lume.
  • Pelar as mazás e ferver as tonas nun vaso de auga con 50 gr de azucre. Coar.
  • Cortar en medias luas as mazás .
  • Encher coa crema pastelera as tartaletas e poñer por enriba a mazá. Cocer a 170º durante 25 minutos.
  • Engadir a xelatina remollada no almibar de mazá e fundir ó lume.

  • Cando a torta este fría, pintala có almibar

Pasta quebrada doce



UNHA BASE…TRES TORTAS



Para a elaboración de estas tortas empregamos unha mesma base de “pasta quebrada” ou “pasta brisa”.

Esta masa e moi sinxela de traballar e recibe o nome de “quebrada”, porque ó estar forneada quebra con facilidade.

Podese empregar en salgados, quiches, tartaletas de aperitivo... ou en doce para pastas de té, tartaletas doces ou coma nesta caso de base de tortas.


PASTA QUEBRADA DOCE


500 gr de fariña de trigo

250 gr de manteiga

125 gr de azucre

2 ovos

Unha pizca de sal



  • Atemperar a manteiga e mesturar co resto dos ingredientes.
  • A diferencia de outras masas, esta non se debe traballar moito, xa que a manteiga ablandaria moito e se nos pegaria nas mans.
  • Deixar repousar 30 minutos no frío antes de usar.