domingo, 24 de agosto de 2014

Cañas de crema



Xa vai quedando menos para a volta o cole, e como xa adiantamos o curso pasado, viremos con mais forza e mais cociña.



Ahí deixamos un dos nosos desafios.



CARBALLIÑO vs SOUTELO



Conseguiremos mellorar as suas mundialmente coñecidas “cañas” ????



Para as cañas

300 gr de fariña de trigo
80 gr de aceite de oliva
150 gr de auga
Tona dun limón e unha laranxa
 100 gr de azucre
5 gr de canela en pó
Aceite de oliva para fritir as cañas


Confitar a tona das froitas no aceite a lume suave durante 30 minutos.



 Retirar as tonas e deixar refriar o aceite.


Mesturar todos os ingredientes e repousar 30 minutos.

Forrar os moldes das cañas e fritir en abundante aceite quente.

Pasar por unha mestura do azucre e canela.

Para a crema

1/2 litro de leite
1/2 litro de tona fresca
6 xemas de ovo
2 ovos enteiros
60 gr de maizena
150 gr de azucre

Ferver o leite.

Mesturar o resto dos ingredientes e engardir ó leite fervendo.

Mesturar ben e deixar refriar.

Montaxe

Encher as cañas coa axuda dunha manga pasteleira.




De interese... e moi importante que a caña este cruxinte no momento de degustalas, para iso esperaremos ata o ultimo instante para enchelas coa crema.