domingo, 6 de abril de 2014

Croquetiñas de xamón



CROQUETIÑAS DE XAMÓN

Para a bechamel:

150 gr de xamón curado
½ cebola
1 litro de leite
110 gr de fariña de trigo
50 gr de manteiga
60 gr de aceite de oliva
Sal
Pementa negra
Noz moscada

  1. Picar en paisana ( moi fino ) a cebola e o xamón.
  2. Refogar a cebola no aceite e engadir a manteiga.
  3. Engadir a fariña, refogar a lume suave durante un minuto e engadir de golpe o leite ferverdo.
  4. Engadir o xamón e cocer a lume moi suave durante 5 minutos sen parar de mesturar.
  5. Retirar do lume, sazoar e condimentar coa pementa e a noz moscada.
  6. Volcala mestura nunha bandexa ampla e tapar cun papel film para evitar que faga costra.
  7. Refriar durante un día.

Para o rebozado:

Ovo batido
Pan relado

  1. Facer pequenas boliñas e pasar por pan relado, ovo batido e pan relado de novo.
  2. Fritir en abundante aceite quente.
    Croquetiñas de xamón






DE INTERESE…

  • O aceite para fritir as croquetas debe de estar ben quente, pero que non afumege ( 180º c e a temperatura perfeta ).
  • Se facedes bastante cantidade podedelas conxear. Para facelas podense fritir directamente pero eu aconsello retiralas unha horiña antes do conxelador. Non teñades medo porque poidan romper. Se facedes ben a bechamel non hai problema, e vos asegurades de que non queden conxeladas polo medio.
  • Podedes usar calquer outro ingrediente, se usades un peixe ou calquer outro producto que conteña moita auga, aumentade 10 gr a cantidade de fariña a hora de facela bechamel.
  • Resultan moi ricas se as facedes cos restos dun cocido (grelos, lacón, chourizo, panceta…) e sustituides a metade da leite por caldo. ESPECTACULARES.