sábado, 10 de maio de 2014

Torta de mazá



TORTA DE MAZÁ


200 gr de masa quebrada
300 gr de mazás
½ litro de leite
4 xemas de ovo
150gr de azucre
Un anaco de canela
30 gr de maizena
1 folla de gelatina

  • Estirar a masa e forrar os moldes con ela, non e preciso engrasar. Colocar enriba un anaco de papel sulfurizado e uns garavanzos para evitar de que ó cocer se nos baixe a masa.
  • Cocer a 180º durante 6 minutos. Retitar de forno e retirar os garavanzos Gardalos para outras veces, non  valerian para comer.
  • Ferver o leite e a canela, mesturar as xemas, maizena e 100 gr de azucre, engadir ó leite e mesturar. Retirar do lume.
  • Pelar as mazás e ferver as tonas nun vaso de auga con 50 gr de azucre. Coar.
  • Cortar en medias luas as mazás .
  • Encher coa crema pastelera as tartaletas e poñer por enriba a mazá. Cocer a 170º durante 25 minutos.
  • Engadir a xelatina remollada no almibar de mazá e fundir ó lume.

  • Cando a torta este fría, pintala có almibar

Ningún comentario:

Publicar un comentario